Así se recolle na resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística na que se resolve que non se concedeu ningún dos dous cursos solicitados polo Servicio de Normalización de Redondela. Medio cento de persoas estaban preinscritos en ámbolos dous cursos.
Os cursos de lingua galega CELGA 2 e CELGA 4, solicitados polo Servizo de Normalización de Redondela á Secretaría Xeral de Política Lingüística quedaron sen adxudicación, segundo a resolución publicada pola xefatura territorial e na que se especifica que non foron outorgados ditos cursos por “falta de dotación presupostaria”.
Por este motivo as persoas pre-inscritas nos mesmos, non poderán facelos. En total son ao redor de medio cento de persoas os afectados e que tiñan solicitado unha praza para os cursos que estaba previsto impartir en Redondela e Chapela.