Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Puertas abandona a folga de fame logo de acudir ao centro de saúde

RR_Noticias

Este veciño de Redondela anunciaba onte a súa intención de manter a folga de fame que iniciara o pasado xoves de xeito indefinido, pero logo de achegarse ao centro de saúde e de ser asesorado polos Servicios Sociais decidía abandonar os soportais do Concello. Previamente agradecía a solidariedade amosada duratne estes días pola cidadanía.

Manuel iniciara a folga de fame o xoves día 7. Durante catro xornadas permaneceu día e noite nos soportais do concello onde recibía os ánimos e os donativos dos veciños que se achegaban ata alí a amosarlle o seu apoio. Este mecánico axustador do naval galego, actualmente sen traballo, decidira iniciara esta folga para denunciar que o INEM lle tiña embargado parte dos catro meses de paro que lle correspondían por unha axuda familiar xa cobrada. Unha situación que lle impedirá cobrar o subsidio de desemprego ata o vindeiro mes de abril.
Malia a súa intención de prolongar a súa protesta, Manuel decidía na tarde de onte abandonar a folga asesorado pola traballadora social do Concello e logo de pasar polo Centro de Saúde para facerse un recoñecemento médico.
Iso si, os donativos recibidos ao longo da fin de semana permitiranlle facer fronte aos dous meses que adebeda polo aluguer dun piso na zona da Esfarrapada. Antes de levantar a protesta, Puertas Sotelino agradecía a solidariedade dos veciños e anunciaba a súa intención é devolver os donativos recibidos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará