Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un turismo derruba un farol e provoca importantes retencións en Xoán Manuel Pereira

RR_Noticias

O accidente producíase ás 9:00 horas logo de que a condutora dun turismo Opel Corsa perdera o control do vehículo nunha curva e acabara colidindo contra un farol do alumeado público que caía sobre a estrada. Non hai que lamentar danos persoais.

A condutora do vehículo, unha muller de 55 anos de idade e veciña de Pazos de Borbén resultou ilesa malia o aparatoso do sinistro. Os feitos producíanse sobre as nove da mañá na rúa Xoán Manuel Pereira, a cen metros da ponte sobre o Alvedosa, cando o Opel Corsa que conducía esta muller se saía da vía e nunha curva colidía contra un farol do alumeado público, que quedaba cruzado sobre a estrada.
Foi necesaria a intervención dos axentes da policía Local para regular o tráfico, xa que se trata dunha vía a PO-250 que a esas horas presenta unha intensa circulación pro mor dos turismo e camións que se desprazan dende Redondela a Pazos de Borbén e viceversa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará