Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A dirección da escola de música de Chapela nega os problemas denunciados polo PSOE

RR_Noticias

Aseguran que as instalacións “non padecen problemas de insonorización senón de acústica” que están practicamente solucionados e que o mobiliario existente é o que pertencía xa á Escola dado que “a súa renovación non estaba prevista no proxecto de reforma”. Os socialistas achacaran estes problemas á falta de previsión tanto do goberno local como da Deputación así como á súa presa á hora de inaugurar as instalacións.

Esta semana o partido socialista criticaba que se estiveran a acometer obras de reforma nas aulas da escola de musica de Chapela tan só tres meses despois da súa inauguración. Unhas obras que ao entender do PSOE respondían “a falta de previsión por parte da Deputación de Pontevedra e do goberno local” que levou a inaugurar as instalacións, situadas no pavillón de deportes da parroquia, antes de estaren acabadas.
Unhas críticas que non foron ben acollidas por parte dos responsables da Escola que entenden que as declaración do socialistas Eduardo Reguera “prexudican tanto a imaxe como o traballo que se está a realizar nesta escola de música”
Respecto dos problemas de son aseguran que non se trata “dun problema de insonorización como denuncia o PSOE, senón de acústica” e que este problema non foi detectado ata o primeiro ensaio realizado pola Banda de Música, momento no que se lle comunicou á empresa construtora quen “en ningún momento puxo problemas para solventalo e que practicamente xa está solucionado”.
Tamén criticaba o partido socialista que se estivera a empregar mobiliario “vello e con moitas deficiencias”, algo que recoñecen dende a dirección do centro “xa que se trata do mobiliario do que depoñía a Escola e co que leva traballando mais de 20 anos, cuxa reposición non estaba incluída no proxecto de reforma das instalacións”. Malia todo, aseguran que no día da inauguración o presidente da Deputación, Rafael Louzan “dándose conta da necesidade urxente da reposición do mesmo, comprometeuse a facelo na maior brevidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará