Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación ante o incerto futuro da Illa de San Simón

RR_Noticias

O PSOE de Redondela esixe saber a qué se debe o abandono que está sufrindo a Illa de San Simón logo de meses de espera dende que o pasado mes de decembro desaparecese a Fundación encargada de dar contido e dotar de actividades este espazo.

Os socialistas lembran que a decisión o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e do Fondo Galego de Cooperación de abandonar a sede que ocupaban na Illa “deixa xa sen ningunha actividade un emprazamento único e moi importante para Redondela”, como xa ocorrera no mes de decembro de 2012 coa extinción da Fundación Illa de San Simón anunciada pola Xunta de Galicia.
A Illa de San Simón “sofre así un novo revés no que respecta a súa conservación e explotación cultural”, motivo polo que dende o PSOE demandan do goberno local unha explicación sobre qué vai pasar no futuro coa Illa de San Simón.
Os socialistas esixiran xa explicacións ao respecto o pasado mes de decembro cando reclamaran a comparecencia do alcalde par que dera conta da perda dunha fundación creada no 2007 e que buscaba, entre outras cousas, desenvolver actividades culturais e educativas, conservar e xestionar as instalacións ou potenciar os valores naturais, culturais e paisaxísticos, unha comparecencia que aínda non obtivo resposta tres meses despois.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará