Logo de varias semanas dende que remataran as obras de asfaltado na zona próxima ao “scalextric” por parte do Ministerio de Fomento, o paso de peóns continúa sen ser reposto o que supón, segundo explican os nacionalistas, un perigo para as persoas que diariamente se dirixen aos centros de ensino e de saúde de A Marisma.
A concelleira nacionalista Cecilia Pérez Orge, solicita oa concello que realice as xestións oportunas para que se proceda ao pintado do paso de peóns que foi eliminado na ponte que une a Avenida Mendiño con Ernestina Otero. A sinalización foi eliminada por mor do asfaltado realizado por parte do Ministerio de Fomento nun tramo da estrada que queda debaixo do scalextric.
Dende o BNG lembran que por esta zona “transitan diariamente numerosas persoas que se dirixen aos centros de ensino da Marisma e tamén ao centro de saúde” polo que a eliminación do paso de peóns supón “un perigo potencial, sobre todo para o alumnado que se dirixe a pé ao colexio e que acostuman a cruzar por esta zona”.