Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xa está aberta a inscrición para o XXXII Maratón de Semana Santa de Fútbol Sala de Redondela

RR_Noticias

Un ano máis o Pavillón Municipal de Redondela celebra o seu maratón de fútbol sala, organizado polo F.S. Redondela en colaboración co Concello. Será os días 28, 29 e 30 de marzo no Pavillón Municipal de Redondela, tanto en categoría feminina como masculina. Unha cita que xa é todo un referente neste deporte a nivel autonómico.

O adestrador do F.S. Redondela, Julio Mougán, salienta que se trata dunha cita com moita “solera” e na que os afeccionados ó fútbol sala poden gozar do seu deporte favorito cun grupo de amigos e “esquecerse da rutina”. O concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, anima a participar “a todos os equipos da bisbarra” e agarda que se repita o éxito das edicións anteriores, para o que o club conta “con todo o apoio do Concello”. Esta é unha das citas máis agardadas do fútbol sala nestas datas, e este ano agardan contar cuns 25 equipos, co que superarían a cifra de participación do ano pasado, que foi de 22 equipos, tal como apuntaba na presentación do torneo Roberto Lago, o delegado do F.S. Redondela. Un dos obxectivos desta edición é reunir un maior número de equipos femininos que permita realizar o torneo nas dúas categorías, e que non se limite a unha competición masculina. A inscrición para os equipos que desexen participar está aberta ata o 26 de marzo, e custa 120 euros para os equipos masculinos e 50 para os femininos. Haberá premios para os catro primeiros clasificados, e tamén para o mellor xogador, o equipo máis goleador e o menos goleado e o premio á deportividade. Con 32 anos de historia o campionato é xa un referente deste deporte a nivel autonómico, que este ano inclúe tamén varios triangulares que van disputar os equipos de categorías inferiores (prebenxamín, benxamín e alevín).  

Julio Mougán adestrador
O técnico do F.S. Redondela salienta a importania deste torneo a nivel autonómico.
Jesús Crespo concelleiro de Deportes
O edil agarda que o campionato repita o éxito de edicións anteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará