Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia a ineficacia da Bolsa Municipal de Emprego e pide a súa mellora

RR_Noticias

Aseguran os socialistas que non se está a realizar un seguimento das ofertas de emprego recibidas, xestionadas e cubertas para as persoas inscritas e demandan ao goberno local que dote este servicio dos profesionais necesarios para garantir o funcionamento do mesmo.

O PSOE denuncia que dende a posta en marcha da bolsa municipal de emprego no mes de xaneiro de 2012, non se están a realizar as tarefas previstas de maneira efectiva de cara a lograr que os inscritos atopen un posto de traballo.
Apuntan que aínda que foi no ano 2011 cando o alcalde solicitou á concelleira de Desenvolvemento Local a creación dunha Bolsa e dun Plan Municipal de Emprego ao principio tan só se recolleron os currículos dos veciños e non sería ata o mes de xaneiro do seguinte ano cando se comezaría a traballar. Sen embargo, o persoal encargado dos dous servizos é o mesmo, e segundo o PSOE “estáselle a dar prioridade ao Plan antes que a Bolsa” co que esta queda desatendida.”e a numerosa cantidade de persoas que se apuntaron a esta bolsa de emprego non ven cumpridas a súas expectativas e as boas intencións pensadas para a mesma están moi lonxe de ser acadadas”.
Por este motivo o PSOE presentará no pleno unha moción na que instan ao Goberno local a mellorar este servizo con medidas tales como diferenciar na base de datos da aplicación informática creada para tal fin a xestión e o funcionamento da Bolsa Municipal por unha banda, e a do Plan de Emprego por outra. Solicitan tamén que se realice un seguimento das ofertas de emprego recibidas, xestionadas e cubertas para as persoas inscritas na Bolsa Municipal, co fin de obter datos obxectivos para poder valorar o funcionamento e a utilidade da mesma e que se dote dos profesionais necesarios esta bolsa de emprego para que o seu funcionamento sexa unha realidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará