Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aqualia xestionará a piscina de Chapela logo de reducir a achega do concello a 70.000 euros

RR_Noticias

A adxudicación da piscina de Chapela aínda ten que pasar polo pleno que se celebra o vindeiro 4 de abril, pero a empresa concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento en Redondela Aqualia, é a que obtivo maior puntuación no concurso logo de rebaixar en 50.000 euros anuais o que lle terá que pagar o concello para sufragar o consumo enerxético.

Na proposta inicial o concello propuña abonar un máximo de 120.000 euros para subvencionar o consumo de biomasa, electricidade e auga. Aqualia na súa proposta rebaixa ese custe aos 70.000 euros anuais -40.000 en electricidade e 30.000 en biomasa- mellorando así as condicións da outra empresa que tiña posibilidades de ser a adxudicataria, a empresa Serviocio. O voceiro do PP, Miguel Angel Álvarez Ballesteros salientaba que coa elección de Aqualia as arcas municipais “aforran 50.000 euros e ademais se elixe a mellor oferta en canto a horarios e servicio”. Sobre as posibles críticas a que a adxudicación se faga por un período de tan só 4 anos e que ao concello le supoña un custe anual a engadir ao que terán que pagas os usuarios, argumentan dende o goberno que logo de dous concursos de adxudicación que quedaron vacantes, houbo que mellorar as condicións para evitar que volvese acontecer o mesmo. Entenden que o prioritario “é poñer en marcha unha obra na que se investiron máis de 5 millóns de euros” e que leva anos pechada. O edil aproveitou para criticar o xeito de xestionar a piscina de Chapela dende o seu inicio “unha obra faraónica que ía contar con spa pero non con outras instalacións quizais máis necesarias e interesantes para as posibles adxudicatarias como por exemplo unha piscina pequena para nenos”. A adxudicación a Aqualia será debatida no pleno do vindeiro 4 de marzo e, no caso de aprobarse, a intención do goberno local é que as instalacións abran as súas portas o antes posible “se pode ser a principios de maio mellor”.  

MIguel Angel Alvarez Ballesteros voceiro do PP
O concelleiro explica os motivos da elección de Aqualia
Críticas á xestión
As obras non tiveron en conta a viabilidade da instalación
Abrir canto antes
Logo de tres concursos esperan que este sexa o definitivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará