A Concellería de Medio Ambiente está a desenvolver durante esta semana a primeira limpeza do ano nos areais do concello. O obxectivo é deixar esas praias, a de Arealonga en Chapela e a de Cesantes, en condiciones axeitadas para o caso de que veña o bo tempo nas vacacións de Semana Santa.
Para a realización destas tarefas estase a empregar un tractor dotado cunha filtradora de area cedido pola Deputación. A praia de Cabanas non se vai beneficiar desta limpeza debido a que os accesos a ese areal non permiten o uso da maquinaria que si se está a empregar nas outras praias do municipio. O concelleiro responsable de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros explicaba que este ano esta actuación é especialmente necesaria “debido a crueza deste inverno” e confía en que as chuvias que se anuncian de cara á fin de semana non arruínen a limpeza.