O xornalista fai un percorrido pola guerra económica que se viviu en Galicia a partir do descubrimento das posibilidades que para o sector armamentístico tiña o wolframio, un mineral que a industria comezou desbotando pero que chegou a ter un elevado valor económico cando se interesaron por el alemáns e aliados.
A charla de Rolland, enmarcada dentro das I Xornadas sobre o patrimonio industrial en Rande celebradas na fin de semana, puxo de manifesto toda a historia que pode existir detrás de cada elemento do patrimonio. Autor do libro “Galicia en guerra, espías, batallas, submarinos e wolframio” no que se recolle a historia da participación de Galicia na II Guerra Muncial debido ao wolframio extraido das minas galegas que alimentou á poderosa indurtria bélica de Hitler, amosou a súa erudición no tema partindo do que fora un dos elementos do patrimonio industrial local hoxe prácticamente desaparecido. Situou aos asistentes no ano 1926 para relatar o por que da construcción dun cargadeiro por parte da empresa Compañía Minerales de Hierro de Galicia, infraestrutura situada no estreito de Rande e da que tan só quedan os piares logo de que na década dos 50 fora desmontada a maior parte da mesma para ser vendida como chatarra. A partir de dita infraestrutura relatou Rolland o nacemento de toda unha arañeira ao servizo do poder alemán para garantir a saída do wolframio cara á Alemania nazi, un mineral que nun primeiro momento era desbotado pola industria pero que chegou a converterse en fundamental para garantir a industria armamentística da época. E nese relato mestúranse empresarios como o propietario da compañía e vicecónsul de Alemania en Monforte, Friedrich Wilhelm Cloos (soterrado en Vigo) espías, empresas tapadeira do consorcio nazi Sofindus…