A Plataforma Cidada de Redondela realizará durante o mes de abril un estudo sociolóxico sobre as condicións de vida, problemas sociais e perspectivas dos barrios e as parroquias de Redondela. Os membros da plataforma elaboraron unha breve enquisa para que sexa cuberta de xeito anónimo polos cidadáns da vila, e onde se lles propoñen unha serie de cuestións que abarcan aspectos de tipo socioeconómico, urbanístico e cultural.
A finalidade deste estudo, é obter información de primeira man sobre a situación actual que están a vivir os habitantes e as familias da vila, así como todo tipo de problemáticas coas que se atopan, para, a continuación, facérllelo saber aos organismos e institucións pertinentes e reivindicar ante estes que adopten as medidas axeitadas para dar solución a eses graves problemas. Os membros da plataforma explican que nun primeiro momento batallaron a idea de crear un banco de alimentos ou un comedor social, pero que asesorados por un sociólogo decidiron estudar previamente cales son realmente os problemas e necesidade do municpio antes de poñer en marcha calquera proxecto. Unha vez dispoñan dos datos que resulten das enquisas o seguitne paso será trasladar esas conclusións organismos e institucións pertinentes e reivindicar ante estes que adopten as medidas axeitadas para dar solución a eses graves problemas. O cuestionario, completamente anónimo, aborda preguntas relacionadas coas problemáticas laborais dos enquisados, a situación urbanística e socio política ou a prestación de servizos sanitarios.