Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samertolameu lidera as regatas absolutas feminina e masculina en augas de Cesantes

RR_Noticias

O C.R. Chapela fíxose coa primeira paraza na categoría Xuvenil Masculina, e acadou o terceiro posto en Infantil Masculina. Nas regatas de mulleres as de Chapela foron terceiras na Absoluta, segundas na Xuvenil e obtiveron a 4ª praza en Promesas. O club de Cesantes, organizador da proba, non puido pasar da 7ª praza.

As augas de Cesantes acolleron onte domingo a regata Bandeira Concello de Redondela, correspondente á quinta xornada da liga de bateis, que tivera que ser aprazada o pasado día 10 de marzo por mor do mal tempo. O club de Samertolameu fíxose coa primeira posición nas dúas categorías absolutas, seguidos de Mecos na Masculina e Tirán e Chapela na categoría Feminina. Mecos foi primeiro en Cadete Masculino e Tirán segundo, con Cesantes na 7ª praza. Nos Xuvenís gañou Chapela, seguidos de Amegrove, e os de Cesantes repetiron a 7ª posición. Nas probas femininas Naútico gañou en Promesas, seguido de Vilaxoán e con Chapela na 4ª praza. En Xuvenís gañou Mecos, por diante de Chapela.
Vitoria de Chapela e Mecos na IV Bandeira Concello de Bueu
O temporal deu unha tregua e nunha xornada con temperaturas frescas puido disputarse a regata, na que resultaron vencedores o C.R.Mecos en homes e C.R. Chapela en mulleres, levando así as Bandeiras de Honra. As mozas chapeleiras anotaron un total de 15 puntos, seguidas de Mecos con 12 e Tirán 9, mentres en homes foron osde Mecos os que sumaron 22 puntos, seguidos de Robaleira, con 14. Hai que salientar tamén as vitorias de Samertolaméu en absolutas femininas seguidas de Tirán a un barco e logo Bueu, e en infantil masculino os rapaces de Mecos fixéronse tamén cun triunfo brillante. Ambas as tripulacións mantéñense invictas despois de gañar as catro regatas celebradas e mantendo un gran nivel. As outras cinco categorías estiveron moi repartidas, adxudicándose as mozas do Náutico de Vigo un magnífico triunfo apertado e disputado con Chapela a quen superaron por apenas un segundo. As mulleres xuvenís de Mecos sumaron o seu primeiro triunfo da tempada demostrando que hai que contar con elas, seguidas de Robaleira, Chapela e Vila de Cangas. Os cadetes masculinos de Robaleira tamén se anotaron o seu primeiro triunfo este ano en competencia directa con Náutico Vigo e Mecos, que lle seguiron na meta en apenas tres segundos. Os xuvenís de Amegrove e Chapela mantiveron unha admirable loita deportiva até o último segundo, metendo a súa proa Amegrove como campión, seguido a menos dun segundo por Chapela.
Resultados: Promesa feminino: 1. Náutico Vigo, 4.48:66; 2.Chapela, 4.49:71; 3. Vilaxoán, 4.59:79.- Xuvenil feminino: 1. Mecos, 10.17:16; 2.Robaleira, 10.34:62; 3. Chapela, 10.42:13; 4.- Vila Cangas, 11.44:92. Absoluta feminina: 1.Samertolaméu, 9.29:28; 2.Tirán, 9.33:83; 3.Bueu, 9.42:32. Infantil masculino: 1. Mecos, 4.38:82; 2.Robaleira, 4.43:94; 3.Bueu, 4.44:24 Cadetes: 1.Robaleira, 6.37:92; 2 Náutico Vigo, 6.39:84; 3.Mecos, 6.40:92. Xuvenís: 1.Amegrove, 8.54:89; 2.Chapela, 8.55:34; 3. Mecos, 9.10:19. Absoluto masculino: 1.- Samertolaméu, 8.25:49; 2.- Moaña, 8.35:17; 3.- Vilaxoán, 8.36:23.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará