Preto do 60% dos afectados teñen recorrido á vía da arbitraxe, un proceso que permite aos aforradores recuperar o total do investido pero que está a ser “lento e arbitrario” ao entender dos preferentistas. Logo da quita anunciada polo FROB e que supón unha perda considerable do investido, os ánimos están cada vez máis caldeados polo que as protestas continuarán con mobilizacións nas rúas e irrupcións nos plenos.
Son máis de 600 os redondeláns que no seu día compraron valores preferentes ou subordinados aconsellados polo seu bando de referencia, nomeadamente Novacaixagalicia. Uns aforradores que a día de hoxe continúan sen saber que porcentaxe van recuperar dos seus cartos. O FROB anunciaba unha quita media dun 43%. Pero os aforradores terán que engadir un segundo recorte. Os aforros se lles entregarán en acciones de NCG e será o Fondo de garantía de Depósitos o que converta eses títulos en cartos, aplicándolles unhas segunda quita. Dende as diferentes plataformas de afectados, tamén na nos comarca, lembran que o único xeito de recuperar o 100% do investido é a través da arbitraxe, unha vía que está a ser “lenta” e sen que exista un criterio nos casos abordados ata o de agora, pero que é a única eficaz para que os aforradores o recuperen todo. En Redondela ao redor de 350 persoas solicitaron a arbitraxe, aproximadamente un 60% dos afectados.