O campionato, organizado polo Club Casa Paco, dispútase estas vacacións de Semana Santa nas categorías “mini”, prebenxamín, benxamín e alevín, con nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Mañá mércores comezan os partidos no pavillón do colexio de Reboreda, e as finais disputaranse o domingo día 31 no Pavillón Municipal de Redondela.
No torneo participan os clubs de fútbol sala Chapela, Arealonga, Pazos, Leis, Bembrive, Sárdoma e Castro San Miguel, ademais de Casa Paco, organizador do evento. Os partidos comezan na pavillón do CEIP Reboreda mañá mércores ás 16.00 horas, e nas xornadas do xoves, venres e sábado os partidos disputaranse en horario de mañá e tarde. As finais das distintas categorías xogaranse o domingo, en horario de mañá, no Pavillón municipal de Redondela.