O Concello de Redondela recupera nas vacacións de Semana Santa as viaxes gratuítas e guiadas á Illa de San Simón. Haberá saídas de xoves a domingo en horario de tarde dende o peirao de Cesantes. O sábado e domingo sairán barcos tamén dende Chapela en horario de mañá.
As persoas interesadas en achegarse á San Simón durante as vindeiras datas de Semana Santa deberán facer a súa reserva na caseta de Turismo ou no 986401713. Tamén se pode reservar praza directamente na páxina web do Concello de Redondela http://www.redondela-server.net/web
Os barcos sairán dende o peirao de Cesantes os días 28, 29, 30 e 31 de Marzo en horario de tarde, cun barco ás 16:00 horas e un segundo ás seis da tarde. Un horario que segundo fontes municipais ben determinado polas mareas o que impide que haxa traxectos en horario de mañá dende este peirao. Pola contra, si haberá saídas matutinas dende Chapela, tanto o sábado 30 como o domingo 31 con saídas previstas para as 11:30 horas.