Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicitará a Fomento que a autovía Vigo-Pontevedra pase por Os Valos

RR_Noticias

O cambio no trazado da A-57 que o grupo parlamentario de Galicia ten solicitado ao Ministerio supón recuperar a coñecida como alternativa 11 que discorre entre Pazos de Borbén, Os Valos e Peinador en detrimento do trazado que partiría dende Vilaboa e afectaría de cheo á parroquia de o Viso (alternativa 5).

Cinco anos despois de que o Ministerio de Fomento adxudicase os proxectos de trazado e construción da autovía A-57 e tras dous anos da aprobación do seu itinerario, o grupo parlamentario do PP solicitará formalmente o cambio de percorrido do trazado ideado para conectar os arredores de Pontevedra coa rede arterial de Vigo e o alto do Confurco. O deputado autonómico popular Alejandro Gómez trasladará ao Parlamento galego unha proposición non de lei para solicitar ao ministerio que dirixe Ana Pastor que modifique o trazado da futura A-57 cara ao interior por Pazos de Borbén, continúe despois polos Valos e siga ata Peinador. Tal proposta suporía a eliminación da alternativa 5 adoptada por Fomento, pero que segundo mantén agora o PP, supón un maior desembolso económico na súa execución e xera maior conflitividade polas afeccións que causa ao seu paso polo noso municipio. Unha demanda que tamén ten feito o actual parlamentario e ata hai un par de meses voceiro do PP en Redondela, Alberto Pazos, quen engade que “a alternativa 11 é a que defende o seu partido para conectar a A-57 con Vigo en todas as administracións e que ademais conta co apoio da propia titular de fomento, Ana Pastor”. Alejandro Gómez asegura ademais que a demanda de retomar a alternativa 11 “enlaza coa postura favorable á ampliación da ponte de Rande e contraria á creación dun terceiro carril na AP-9 ao seu paso por Redondela”. Asegura que o PP busca que “as novas infraestruturas xeren o menor impacto territorio e social posible aos cidadáns”.  

Alberto Pazos parlamentario PP
A alternativa 11 conta co apoio da ministra Ana Pastor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará