Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As familias aproveitan o Día de Concienciación sobre o autismo para visibilizar o trastorno

RR_Noticias

Os pais de Manuel, un rapaz de Redondela con autismo, súmanse aos actos que se están a desenvolver neste 2 de abril co gallo da celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o autismo coa publicación en Internet dun vídeo musical que baixo o título “Alí estarei” nos leva ata a praia de Cesantes. Un xeito diferente de visibilizar e concienciar sobre o autismo, un trastorno que afecta a 1 de cada 150 nenos.

O día 2 de Abril foi declarado pola ONU como Día Mundial de concienciación sobre o Autismo. Unha xornada na que asociacións de afectados e familiares aproveitan para dar visibilidade ás súas reivindicacións e informar sobre o que realmente é o autismo, un trastorno que se manifesta na infancia e que segundo as estimacións sofren 1 de cada 150 nenos, afectando catro veces máis aos homes que as mulleres. Unha data na que os afectados aproveitan para desterrar ideas preconcebidas e erróneas. Así, Seso Durán, pai de Manuel un neno con autismo de Redondela, insiste en que o autismo é unha condición cunha base xenética indudable e que é necesario eliminar ideas que culpabilizan ás familias. Teorías aberrantes tales como “as nais neveira” que xustificaban o autismo como consecuencia da falta de comunicación afectiva entre a nai e o fillo. O trastorno caracterízase porque os cativos presentan alteracións ou atrasos aló menos nunha das seguintes áreas: nas relacións sociais, a comunicación e a conduta. O seu diagnóstico carece dunha proba médica concreta polo que parte da observación dos propios pais e dos médicos e pediatras “polo que é necesario contar con profesionais moi informados” para que o trastorno se detecte canto antes e se poida comezar a traballar no camiño de lograr unha mellor integración da persoa afectada. Logo do golpe brutal que é para as familias recibir a noticia de que o seu fillo é autista o seguinte é “botarse a andar canto antes” e nese camiño Durán aconsella chamar ás portas de asociacións como Andaina, a asociación de familias de nenos con necesidades especiais de Redondela, que nos van orientar e axudar para buscar o mellor tratamento que facilite o desenvolvemento das capacidades do neno. Os pais súmanse aos actos que se están a desenvolver nesta data coa publicación en Internet dun vídeo musical que baixo o título “Alí estarei” nos levan ata a praia de Cesantes e que se pode ver no enderezo http://www.youtube.com/watch?v=JnuxT8bStyU  

Seso Durán
Que é o autismo?
Qué facer
Achegarse a outros afectados é sempre unha axuda
Diagnóstico
Unha elevada incidencia qeu require de bos profesionais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará