Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa ao goberno de “improvisación” na xestión da futura gardería de Chapela

RR_Noticias

Cuestionan o proceder do goberno local por anunciar nun primeiro momento que a escola infantil de Chapela se ía instalar nos baixos do colexio de Angorén e anunciar posteriormente a posibilidade de que a escola se traslade ao colexio de Tramañó. O Bloque lembra que ese centro de Trasmañó debería destinarse a albergar un centro de día tal e como se proxectara no plan Marisma Máis.

Cuestionan dende a organización nacionalista o xeito de proceder do goberno de Javier Bas que nun primeiro momento anuncian “a bombo e platillo” a consecución de 600.000 mil euros para a dotación dunha gardería que se pretendía instalar nos baixos do colexio de Angorén. Con todo, as críticas de diferentes colectivos desta parroquia fixeron, segundo afirman dende o Bloque “que o goberno municipal dese un paso atrás” e anunciasen unha nova proposta que pasa por ubicar dita escola infantil en Trasmañó. Unha opción que os nacionalistas cuestionan xa que no Plan Marisma Máis “incluíuse unha partida de 600.000 euros para a construción nese lugar dun Centro de Día para Maiores” unha dotación de carácter social que ao entender do Bloque “encaixa perfectamente nunha rede de servizos sociais en Redondela, complementada co centro de Día de Cesantes”.
Por todo o exposto, entenden que o goberno local está a actuar de xeito improvisado na xestión da gardería debido a que “carecen dun proxecto para o concello”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará