Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marzo da un respiro ás cifras do paro en Redondela

RR_Noticias

No noso concello foron 69 as persoas que abandonaron as listas do paro durante o pasado mes, malia a todo Redondela mantense por riba dos tres mil desempregados. Son exactamente 3.088 as persoas que se atopan inscritas nas listas do INEM, unha cifra que sobe ata as 4823 persoas se contamos toada a comarca.

É o noso concello un dos máis beneficiados de toda a área metropolitana e tamén da comarca, con 69 persoas menos anotadas nas listas do paro e supón unha tendencia á baixa que xa se observaba no pasado mes de febreiro. Do mesmo xeito, tanto Pazos de Borbén como Fornelos de Montes experimentan unha melloría na súa situación, con 7 e 12 desempregados menos respectivamente, o que deixa 498 parados en Pazos e 252 en Fornelos.
No outro lado da balanza atopamos o concello de Soutomaior, que non só non lobrou novos postos de traballo senón que continuo coa tónica de destrucción de emprego rexistrando 26 novas altas na lista do paro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará