O ex edil de cultura de Redondela acusou aos gobernos do PSOE de aplicar penas de morte a terroristas sen xuízo previo. A negativa de Pazos a retirar ditas declaracións levou aos socialistas a abandonar a Comisión de Xustiza do Parlamento e podería acabar nos xulgados.
A polémica está a acompañar ao redondelán, Alberto Pazos nas súas primeiras intervencións como deputado no parlamento logo de que tomara posesión do seu cargo o pasado 29 de Xaneiro en substitución de Nava Castro.
As súas declaración sobre a relación entre os goberno socialistas e a pena de morte a terroristas sen xuízo previo en suposta referencia ao caso dos GAL, levou aos deputados socialistas a abandonar a Comisión parlamentaria de Xustiza.
No transcurso do debate dunha iniciativa presentada polo BNG para acabar coas prácticas abusivas nos centros penitenciarios, o deputado popular acusou aos nacionalistas de presentar iniciativas en prol “dos inimigos da democracia”. Pazos foi máis alá ao proclamar que “pena de morte é o que aplicaron algúns goberno socialistas sen xuízo previo a acusados por terrorismo”. A súa negativa a retirar ditas declaracións levou aos deputados do PSOE a abandonar o debate. A socialista Beatiz Sestayo asegurou que as mesmas “constitúen un delito” polo que estudarán medidas legais e, no seu caso, non desbotan acudir aos tribunais.
O Bloque criticou tamén as palabras de Pazos que foron cualificadas por Francisco Jorquera como “verdadeiro terrorismo verbal”.
O contido da proposición non de lei presentada polos nacionalistas demandaba o fin do “uso abusivo do réxime de incomunicación” por o considerar “unha práctica que aumenta o risco de violación dos dereitos humanos”.