O mal tempo non evitou que centos de persoas participaran da procesión do Luns do Cristo pero os fieis víronse obrigados a suspender o percorrido antes do seu remate para evitar as precipitacións. De feito, xa foron moitas as dúbidas antes de iniciarse a procesión e malia que finalmente se optou por saír da Igrexa, a súa duración foi moito menos que en anos anteriores rematando ao redor das 9:30 horas.
A piques estivo de suspenderse a tradicional procesión do Cristo da Agonía, tamén chamado Cristo dos navegantes, unha das citas relixiosas que maiores adeptos ten no noso concello. Finalmente, os organizadores optaron por saír logo da misa celebrada ás 19:30 horas para non defraudar aos centos de fieis que se achegaran á Igrexa de Santiago para participar da procesión aínda que fora baixo os paraugas. Con todo, non foi nesta edición tan longa como en anos anteriores e a comitiva dispersouse sobre ás21:30 horas cando comezou a chover con máis intensidade.
Unha procesión moito máis curta que en edicións anteriores, onde nalgunha ocasión ten rematada pasadas as once da noite.
O tráfico foi regulado pola policía local, xa que o centro urbano foi pechado á circulación sen que se producira ningún tipo de incidente, segundo explicaron os axentes.