Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium disputará a fase de ascenso

RR_Noticias

A falta de dúas xornadas para rematar a competición o equipo de balonmán redondelán está matematicamente clasificado. A vitoria no pavillón do Poio Artai cun marcador de 25-32asegúralle, cando menos, a segunda praza que permite disputar a fase de ascenso. O adestrador, Diego Lorenzo, afirma que o equipo foi “de menos a máis” e amósase “moi satisfeito” cos resultados.

Están xa na recta final da liga Autonómica e a SAR prepara os dous encontros que teñen aínda pendentes: o máis inmediato a próxima fin de semana no pavillón do Granitos Ibéricos, e na seguinte xornada en Redondela co Rasoeiro. O equipo de Lorenzo chega á recta final situado no máis alto da táboa, posición que comparte co Pontevedra. Co obxectivo da clasificación xa cumprido, a SAR afronta estes encontros “sen presións”, e poderán facer probas de cara á fase de ascenso, onde o adestrador estuda cambios na defensa. Con todo, a intensidade do conxunto será total, xa que manteñen o desexo de facerse co título. Para iso non poden fallar ningún dos partidos, e agardar un tropezo do Pontevedra. Ese sería o broche de ouro para unha temporada “moi boa”, segundo explica o técnico, ao que lle gustaría darlle esa alegría ós seus seareiros cando se celebra o 50 aniversario da SAR.  

Diego Lorenzo adestrador
O equipo busca facerse co título na categoría Autonómica.
SAR-Granitos Ibéricos
Ao equipo redondelán réstanlle dúas xornadas diante de rivais máis febles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará