Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno nega que se estean a incumprir os prazos nas convocatorias das comisións

RR_Noticias

A xunta de portavoces reunirase hoxe ás 14:15 para abordar as críticas que dende os grupos da oposición acusan ao goberno “funcionamento antidemocrático” por non convocar as comisións con tempo suficiente para consultar a información. O PP asegura que as comisións sempre son convocadas en tempo e forma con arranxo ao marcado pola Lei de Administracións Públicas.

A Agrupación de Electores ven denunciando dende hai semanas o que cualifican de “funcionamento opaco e antidemocrático do equipo de goberno” pola tardanza coa que reciben as convocatorias das comisións informativas que segundo explican lles deixan moi pouco tempo para consultar toda a información, difundila entre os seus membros e adoptar unha decisión conxunta á hora de dar o voto. Critican tamén que as convocatorias se fagan en horarios nos que o seu representante non pode acudir por cuestións laborais e que se neguen a cambiar o horario para facilitar así a súa presenza. Unhas críticas que trasladaban ao debate político cando con ironía o seu representante Jorge Varela “Chopi” lembraba unha pregunta feita pola bancada popular na que o popular Alberto Pazos recriminaba ao anterior goberno bipartito non convocar as comisión en tempo e forma. Concluía o edil a súa intervención cun sarcástico “como cambiou o conto” Críticas que tamén secundan no BNG que cualifican de “repudiable o xeito no que se convocan as comisión”. O edil nacionalistas Xoán Carlos González falaba de “obstruccionismo por parte do equipo de goberno para a participación dos grupos da oposición” por convocar as comisións con excesiva presa e por non facilitar toda a información que se necesita.  

Jorge Varela "Chopi" AER
O edil ironiza sore as peticións que facían os populares na oposición e os seu comportamento agora no goberno
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas demandan que as convocatorias se fagan con máis tempo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará