A charla coloquio, organizada pola Plataforma Cidadá, terá lugar na tarde do xoves ás 20:00 horas baixo o título “Superar o modelo capitalista: alternativas a esta merda de vida que nos impoñen” e completarase mañá coa proxecciónda película “Tasio” de Moncho Armendáriz.
O local social O Recuncho acolle esta tarde unha charla coloquio a cargo do filósofo, historiador e escritor Felix Rodrigo Mora. Autor de varios libros e artigo é un prolífico conferenciante e estudoso crítico das formas de Estado, os sistemas de goberno e investigador da sociedade rural popular. Rodrigo Mora achegará nesta charla a súa visión de como a sociedade debe organizarse ante unha situación como a actual. Unha actividade que se completará mañá coa proxección de “Tasio”, película do ano 1984 baixo a dirección de Moncho Armendáriz na que se conta a historia dun mozo nacido ao pé da serra de Urbasa. Aos 8 anos comeza a traballar no monte, ao 14 faise carboeiro seguindo a tradición familiar. Casará anos máis tarde con Paulina e ao nacer a súa filla verase obrigado a combinar o seu traballo de carboeiro coa labor de pescador e cazador furtivo para poder sobrevivir. O pase será o venres 12 ás 20:00 horas con entrada de balde.