A Comunidade de montes e a asociación de afectados pola AP-9 entregarán hoxe ás 10:00 horas no rexistro central de Nova Galicia Banco 1.542 sinaturas de veciños da zona e clientes da entidade dispostos a retirar as súas contas do banco no caso de que se proceda ao peche da sucursal que a día de hoxe funciona na Avenida de Redondela.
En total 87 páxinas nas que os veciños do barrio de Igrexa foron deixando a súa sinatura en contra dun peche anunciado para o vindeiro15 de maio.
Por outra banda, as asociacións da parroquia están a manter contactos con outras entidades co fin de que abran unha sucursal na zona e anuncian que no prazo dunha semana, a contar dende hoxe luns, seranlles entregadas copias destas sinaturas a outros bancos como medida de apoio a esta solicitude.
O obxectivo destas medidas é “seguir mantendo un servizo bancario na Avenida de Redondela sexa cal sexa a entidade operante”