Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A disidente cubana Yoani Sánchez e o xornalista Antón Losada participan nun congreso na Illa

RR_Noticias

A Illa de San Simón acollerá a terceira edición do congreso “#NeThinking” que se celebrará os días 26 e 27 de Abril e que organiza a Consellería de Cultura e Educación. Contará coa participación de destacados xornalistas e editores dixitais como a bloguera e disidente cubana Yoani Sánchez, a humorista Raquel Martos, o xornalista Antón Losada e o músico Julián Hernández, entre outros.

A Illa de San Simón acolle nesta fin de semana a terceira edición de #NeThinking, un encontro vinculado coa comunicación a través de Internet. Durante dous dáis darnase cita neste evento algúns dos principais expertos en contenidos, redes sociais e comunicación en internet así como artistas, escritores e xornalistas. Este ano asistirá a blogueria e disidente cubana Yoani Sánchez quen xa participara de forma virtual en edicións anteriores.
Ademáis de Yoani Sánchez viaxarán a San Simón artistas e comunicadores como Julián Hernández, Agustín Fernández Mallo, Raquel Martos, Antón Losada, Carmela Ríos e Nacho de la Fuente; expertos en contidos e referentes na blogosfera como Julio Alonso, Eduardo Arcos, Marilín Gonzalo, José Jiménez Moltó “Kurioso”, e Javier Pedreira “Wicho”; así como consultores e expertos en tendencias como Mario Tascón, Antonio Delgado e Ismael El-Qudsi.
Unha actividade impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia a través da Fundación Illa de San Simón que se retransmitirá íntegramente por streaming e Twitter.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará