O Concello de Soutomaior, despois dos actos vandálicos que se produciron no paseo marítimo de Arcade, comezou á súa reparación coa substitución de papeleiras metálicas, reposición dos bancos de pedra e colocación dos bancos de madeira. En breves datas procederase á colocación das novas duchas. Asemade reparáronse e colocáronse os sinais verticais de información e a substitución das tapas de rexistro extraviadas.
O arranxo destes desperfectos custaralle ao concello 10.000 euros.
Os actos vandálicos que causaron estes danos producíronse na semana pasada e foron denunciados ante a garda Civil
Os delincuentes actuaron tanto no paseo como na zona do peirao provocando danos nunha lancha fora borda e nun bote de poliester de recreo. Os axentes detectaron ademais diversos danos no cableado do subministro eléctrico na nova pasarela de madeira construída baixo a ponte da N-550 .