Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Aquel no era yo” faise co premio de público e crítica no Redondela en curto

RR_Noticias

A curtametraxe de Esteban Crespo, traballo que recibiu este ano o Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción, partía como clara favorita na IX edición do Festival Redondela en curto que dende o pasado xoves e ata onte domingo se celebrou no Multiusos da Xunqueira.

Unhas expectativas que finalmente non se viron defraudadas ao facerse cos dous premios do certame, o premio do xurado dotado con mil euros e o premio do público, de 500 euros. A curta “Aquel no era yo” escrita e dirixida por Esteban Crespo conta a historia de Paula e Kaney, dúas personaxes -un neno africano e unha muller española- que poderían non ter nada en común, pero que chegarán a unir as súas vidas a través dun disparo.
Un festival o deste ano que segundo explicou o seu director contou co apoio do público, sobre todo na fin de semana con espectadores que practicamente encheron o auditorio segundo explicou o director do festival, Fernando Carrreira Cuchi.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará