O BNG celebra o venres, 3 ás 20:30 horas un acto informativo na Casa da Cultura con presenza de Marta Dacosta, en representación da CIG-Ensino, quen exporá aos presentes cales serán as repercusións da LOMCE se chega a aprobarse. En Soutomaior os nacionalistas convocan á cidadanía a unha charla que terá lugar na Casa da Cultura de Arcade con presenza do profesor Paco Alján e Xosé Manuel Nogueira, membro da executiva comarcal da CIG.
Ante a convocatoria de folga xeral no ensino convocada para a vindeira semana contra a nova lei educativa a LOMCE, que segundo o BNG “suporá un tremendo retroceso para o sistema educativo do noso país, e que ataca directamente a igualdade de oportunidades que, aínda con certas deficiencias, pretendía garantir o sistema educativo actual” os nacionalistas convocan diferentes actos informativos abertos a toda a cidadanía.
En Redondela mañá venres ás 20:30 horas contarán coa presenza de Marta Dacosta, en representación da CIG-Ensino quen exporá con detalle cales serán as repercusións da LOMCE se chega a aprobarse nun acto que se vai desenvolver na Casa da Cultura.
En Soutomaior organizan tamén mañá ás 21:30 unha charla que neste caso vai ter lugar na Casa da Cultura de Arcade “Fernando Pereira”. O acto será presentado por Paco Aljan, concelleiro do BNG en Soutomaior e profesor no IES Frei Sarmiento de Pontevedra e contará coa intervención de Xosé Manuel Nogueira membro da executiva comarcal da CIG ensino.