“O pavo real de Saxamonde” e a composición dos “Tirabeques” foron elixidos polo xurado no segundo e terceiro lugar respectivamente nesta categoría. Como mellor maio tradicional resultaron premiados “O cono do adro”, “O recuncho” e “O Carballo”. A xornada concentrou no centro da vila a centos de persoas que se achegaron á Alameda para ver de preto os 13 maios participntes.
O xurado formado este ano polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, a escritora Fina Casalderrey, os filólogos Xosé Henrique Costa e Xosé Couñago e o concelleiro de Cultura, Julio Alonso, recoñeceu a retranca das coplas presentadas polo Cruceiro da Torre, que se fixo cos 200 euros do primeiro premio seguidos de O Carballo e O pavo Real de Saxamonde. Finalmente a mellor interpretación foi para os integrante do maio O Canastro, seguidos polo Cruceiro e polos Rapaciños do Carballo.
O palco, situado na praza do Concello serviu de escenario para que os rapaces interpretasen as súas coplas e serviu tamén para acolle os dous Maios gañadores nas categorías tanto artística como tradicional. Así durante unhas horas logo de rematado o concurso púidose admirar sobre este palco tanto o Cono do adro como o carro tirado por un boi dos Rapaciños do Carballo.