As negociacións entre os veciños desta zona da parroquia e unha entidade bancaria poderían dar os seu froitos esta mesma semana segundo palabras dun dos afectados. O obxectivo é lograr que algún banco abra unha sucursal logo do anuncio do peche da oficina de Novagalicia. Os veciños concéntranse esta tarde ás 18:00 horas ante esa sucursal para denunciar o peche do banco.
Os veciños están convocados pola Asociación de Afectados pola AP-9 e a Comunidade de Montes de Chapela a se manifestar esta tarde diante da oficina da entidade bancaria da avenida de Redondela ás 18:00 “para despedirse de Novagalicia Banco”. Insisten en que tanto a nivel particular como os colectivos que alí teñen as súas contas bancarias teñen previsto retirar os seus cartos ante a decisión unilateral do banco de pechar este servizo na parroquia. De feito, un total de 1.542 clientes aasinaron un manifestos que foi entregado ao banco no que amosaban a súa disposición a retirar as súas contas de seguiren adiante na súa intención de pechar a sucursal. Dende a Asociación de Afectados pola AP-9, Roberto Billar adianta ademais que nos vindeiros días podería “producirse un acordo con outra entidade bancaria interesada en abrir unha oficina na Avenida de Redondela en substitución a sucursal que se pecha. Insisten en que este servizo “é esencial para a zona alta de Chapela e que a súa eliminación suporá un pao ao comercio e a actividade social do lugar”.