Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidas catro persoas por unha tala en Monte Penide

RR_Noticias

O Seprona detivo na xornada de onte ao presidente da Comunidade de Montes de Cabeiro, Manuel Alvarez López e ao secretario Amante Romero. Tamén foron detidos o responsable dunha empresa madeireira e un operario que realizou a polémica tala realizada nunha zona protexida polo seu valor arqueológico. Romero estará hoxe na Radio Municipal para explicar o acontecido.

O Seprona de Vigo detivo onte a estas catro persoas ás que logo de tomarlles declaración quedaron en liberdade con cargos á espera de declarar non xulgados.
As detencións leváronse a cabo logo dunha denuncia presentada o pasado 22 de abril por parte da Comunidade de Montes de Trasmañó e que levou aos axentes do Seprona a paralizaron cautelarmente os traballos de tala que se estaban a desenvolver en Monte Penide polos danos que o uso de maquinaria pesada estaría a provocar nos xacementos arqueolóxicos existentes neste entorno.
Os túmulos que supostamente teñen sufrido desperfectos, á espera do informe definitivo do servizo arqueolóxico da Xunta, son os numerados como 23 e 32 do catálogo de patrimonio da Xunta.
A actuación atópase nestes momentos á espera do informe que realicen os arqueólogos da Dirección Xeral de patrimonio que serán os encargados de avaliar os danos provocados e notificar, no seu caso, as sancións pertinentes.
O secretario da Comunidade de Montes de Cabeiro, un dos imputados pola polémica intervención de tala nunha área protexida polo seu valor arqueolóxico estará hoxe na Radio Municipal para explicar o acontecido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará