A muller, natural de Vilargarcía, falecía na tarde de onte na Sala de festas Bolero en Redondela. Os feitos segundo información da Policía Local, tiñan lugar ás 20:30 horas cando por causas naturais a muller se desvanecía no lugar. Ata Bolero desprazouse unha ambulancia medicalizada, pero os sanitarios nada puideron facer por salvar a vida da muller.
A muller de 60 anos de idade sufría un infarto sobre as 20:30 horas da tarde cando se atopaba na sala Bolero en Redondela. Malia rápida intervención do servizo de urxencias nada se puido facer para reanimar a esta veciña de Vilagarcía que falecía no lugar. Ademais da ambulancia medicalizada tamén se desprazaron a Bolero unha patrulla da Policía Nacional e da Policía Local para certificar que o falecemento se debera a causas naturais e esperar a chegada do xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver.