Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento prevé reducir a tan só dous os trens con parada no apeadeiro de Cesantes

RR_Noticias

Actualmente son 8 os trens que dan servizo a este apeadeiro que segundo as estimacións é empregado anualmente en 1200 ocasións. O concello de Redondela rexeita a reducción no número de paradas e demanda que se fomente o uso do tren de proximidade.

O concello de Redondela remitirá un escrito ao Ministerio para que desista na súa intención de reducir o número de paradas no apeadeiro de Cesantes. Así se acordou no último pleno municipal logo de que o Sindicato Ferroviario fixera pública a intención de Fomento de eliminar seis das oito paradas que actualmente os trens realizan nese apeadeiro. Unha parada que é empregada por un total de 1200 persoas anualmente, cifra que dende o BNG entenden máis que suficiente para manter o servizo. De feito, o nacionalista Xoán Carlos González recalcaba que a día de hoxe usar o tren é case “unha cuestión de fe” tendo en conta “o desmantelamento do servizo que as veces fai case imposible coordinar horarios”. Lembran ademais que malia a reducción nos horarios, Redondela segue a ser un concello cunha condicións favorable para poder recuperar o servizo de viaxeiros polos camiños de ferro pola súa situación estratéxica entre Vigo e Pontevedra. Dende o PSOE facíase tamén unha defensa desta parada de tren, usada principalmente por viaxeiros que nos meses de verán teñen así facilidades para achegarse á praia da punta sen necesidade de empregar o coche. O representante da Agrupación de Electores, Jorge Varela “Chopi”, aproveitaba para criticar que dende o goberno se estea a apostar polas grandes infraestruturas como o AVE ou a construción de novas autovías e se deixe de lado o tren de proximidade. O goberno local asegura pola súa banda, que no camiño de potenciar este servizos estase xa en contacto cos responsables de mobilidade da Xunta. 

Xoan Carlos González BNG
Unha moción para defender as paradas en Cesantes
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas lembran que a parada é moi usada no verán
Jorge Varela "Chopi" AER
Critica que se fagan grandes investimentos e se esquezan as infraestruturas xa existentes
Miguel Angel Alvarez PP
Dende o goberno estanse a facer xestións nese sentido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará