Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco promove a declaración de Festa de interese turístico na súa XXVII edición

RR_Noticias

Cociñeiros, confraría, empresarios, hostaleiros e políticos promoven unha festa que iniciou este ano os trámites para lograr a declaración de Festa de Interese Turístico logo de que así se aprobara por unanimidade no último pleno municipal. O certame gastronómico centra o groso das actividades na fin de semana con casetas de degustación, feira de artesanía, demostracións culinarias e actividades para os máis pequenos.

Unha festa que leva xa 27 anos promovendo o consumo do choco da ría e dando a coñecer en todo o mundo un produto que conta cunha características específicas determinadas polo seu hábitat, segundo asegura o presidente da Confraría Clemente Bastos quen salienta a necesidade de poñer en valor este cefalópodo “case máis recoñecido fora do noso territorio que na propia Redondela, tendo en conta que o 80% do choco que se captura na enseada acaba en mercados madrileños ou cataláns. Por este motivo entende que sería necesario que os hostaleiros do noso concello lle prestasen máis atención nos seus menús. Chamamento que tamén fai o popular cociñeiro Benigno Campos asegura que nunha gastronomía sen parangón como a galega o Choco “demais de ser o buque insignia de Redondela, é un produto que merece ter un oco propio nas cartas dos restaurantes”. E precisamente para promover o seu consumo vense celebrando ano tras ano esta cita gastronómica que este ano contará ademais cun calendario de actividades que completan o programa tradicional. Haberá unha Master class en San Simón con saídas os días 6, 7 e 8 dende Cesantes, unha show cooking o sábado ás 20:00 horas coa elaboración de diferentes pratos a base de choco a cargo do chef Antonio Botana e unha actividade moi especial orientada aos rapaces. Participarán xunto cos mariñeiros da confraría de diferentes actividade para lles ensinar todo o proceso de captura do choco, ata a súa chegada á lonxa e posterior venda do produto. En canto as actividades propias da cita gastronómica arrancarán o sábado coa apertura das casetas de degustacións ás 11:30 horas, a celebración do concurso gastronómico ás 12:00 e a show cooking ás 20:00 horas, nunha xornada na que non faltará a música diúrna e a verbena nocturna ás dez coa orquestra Saudade e o grupo Diseño. O domingo os comensais poderán degustar o choco nas súas diferentes modalidades dende as 10:30. A lectura do pregón está prevista para as 12:30 a cargo do actor Xosé Antonio Touriñán do programa Tourilandia.  

Javier Bas alcalde
O rexedor local salienta algunhas das actividades do programa do Choco
Clemente Bastos Patrón Maior
Un choco con características especiais
Benigno Campos cociñeiro
Un produto que é "buque insignia" da gastronomía local
José Antonio Gómez Asociación empresarios
Un recoñecemento importante o de Festa de Interese turístico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará