Cualifican de oportunista a participación de Javier Bas nunha viaxe organizada dentro do programa “Mar, Traballo e Patrimonio” por entender que o único obxectivo era “acadar protagonismo mediático”. Engaden que este feito “senta un precedente moi negativo para a política local”.
O BNG tilda de oportunista a viaxe do alcalde de Redondela en actividades de carácter educativo en referencia a súa participación nunha viaxe pola Enseada de San Simón dentro do Programa “Mar, Traballo e Patrimonio. Os nacionalistas lembran que este Programa ten un carácter educativo e formativo, enfocado a que o alumnado de secundaria coñeza o seu entorno marítimo máis próximo e que para acadar este obxectivo de carácter didáctico, a propia cooperativa encargada de elaborar e desenvolver o programa, xunto ao profesorado de secundaria deben ser quen asuman dita responsabilidade.
Engaden que este tipo de actividade de carácter educativo no medio natural da Enseada “foron iniciadas co anterior concelleiro de medio ambiente e en ningún momento interferiu no traballo dos e das responsábeis do programa”.
Finalmente consideran “unha falta de respecto cara o propio profesorado, que se presentara sen preaviso”.