Nesta segunda edición, que se celebra na mañá de hoxe venres, contarase coa participación de Luís Caruncho e Josiño da Teixeira defendendo a forma tradicional de regueifa. Posteriormente, a tradición dará paso, coas bases rítmicas do DJ Pol, aos rapeiros Pipe Díaz, Carlos Le Roux, Óliver Botana, André e Thomas.
Este proxecto innovador ampliará as experiencias de aprendizaxe do alumnado, sacándoo do contexto habitual das aulas para vivenciar as conexións entre a tradicional regueifa e as formas máis actuais do rap redondelano, sendo o galego o nexo de unión entre elas.
A experiencia do I Fesival Rapgueifa, celebrado no mes de maio do pasado ano, foi moi enriquecedora para o alumnado, pois puideron relacionar a mostra de regueifa tradicional coa pelexa de galos posterior, protagonizada por rapeiros ex-alumnos do instituto, na que remataron entrando a rapear tamén os regueifeiros, con letras cargadas de crítica social.
Na edición deste ano, que arrancará ás doce do mediodía no Instituto de Chapela contan con Luís Caruncho e Josiño da Teixeira defendendo a forma tradicional de regueifa. Posteriormente, a tradición dará paso, coas bases rítmicas do DJ Pol, aos rapeiros Pipe Díaz, Carlos Le Roux, Óliver Botana, André e Thomas.
Este Festival está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto, e poderase seguir en diferido a través do seu blogue http://oberete.blogaliza.org.