Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plástic Omnium volve á Primeira Nacional co apoio do seu público

RR_Noticias

O conxunto de Diego Lorenzo impúxose no terceiro e decisivo encontro diante do Arroyo cun resultado de 26-19. Gañaron os tres partidos da fase de ascenso disputada en Redondela co apoio da súa afección, que viviu “unha festa do balonmán”. A próxima temporada volverán a xogar o derbi local na 1ª Nacional, xa que o Soll&Cía Chapela non acadou o ascenso na fase disputada en Antequera.

Fase ascenso 1ª Nacional: SAR Plástic Omnium 26-19 Arroyo Os homes de Diego Lorenzo dérono todo na pista, e o seu público animounos desde o primeiro minuto para levalos á Primeira Nacional. Logo de gañar a Luanco e Baplamel, a SAR chegaba ó último e decisivo partido ante Arroyo, que tamén contaba os seus partidos por vitorias. O vencedor tería unha praza na Primeira Nacional, e os locais foron superiores. O presidente do club, Aurelio Krook “Lito”, salienta tanto o esforzo dos xogadores “que estiveron ó 200%”, como da afección, á que “agradece” que ateigara o pavillón municipal para darlles o seu apoio. Para a directiva este ascenso é a recompensa “ao duro traballo” de toda a temporada, e que demostra que coa súa filosofía de facer un club “con xente da casa” se poden acadar grandes resultados. De feito a canteira é “a base fundamental” da SAR, que tamén conseguiu o ascenso noutras categorías inferiores. A partires de agora traballarán na próxima temporada en Primeira Nacional, categoría á que regresan tan só un ano despois do descenso. Krook explica que será o equipo técnico e a directiva do club os que perfilen o futuro do equipo, pero sempre baixo a premisa de traballar coa canteira do club. Un aliciente engadido para o público redondelán a próxima temporada serán os derbis locais entre a SAR e o Chapela, que non conseguiu o ansiado ascenso á Divisón de Prata. Fase ascenso División de Prata : Meridiano 33-31 Solla&Cía Por segundo ano consecutivo o Chapela non logra o ascenso por gol average. Na primeira parte aos de Chapela non lles saída nada, e os anfitrións foron ó descanso cunha vantaxe de nove goles (21-12). Na segunda parte os de Fran Teixeira reaccionaron e recortaron distancias, pero xa sen tempo para a remontada. Balonmán feminino: Solla&Cía Chapela 37-20 Paideuterion O Chapela feminino está pendente da ampliación da categoría. As rivais do Paideuterion tentárono pero a porteira do Chapela fixo un traballo excelente detendo todas as súas chegadas. Con esta vitoria agora deben espera á Federación Española para saber se ascenden, xa que están á espera da ampliación da categoría.    

Aurelio Krook Lito presidente
O club agradece o apoio do público e agarda que a afección os siga acompañando a próxima temporada.
Alto nivel de xogo
O presidene salienta o esforzo dos xogadores que estiveron a moi alto nivel.
O triunfo da canteira
Krook salienta os éxitos do club que fai unha firme aposta pola canteira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará