Critican a “incapacidade” do alcalde, Agustín Reguera, logo de dous meses sen se celebrar un pleno dende que o pasado 14 de marzo se suspendera a sesión ante a presión dos afectados polas preferentes.
Os nacionalistas de Soutomaior critican que “a única resposta do alcalde ante as mobilizacións dos estafados polas preferentes sexa secuestrar a democracia e desaparecer” e acusan ao rexedor local de “aproveitar a situación para recortar aínda máis o dereito democráticos dos representantes da oposición a coñecer, discutir e aportar propostas de mellora para o concello.
O portavoz do BNG nesta localidade, Fernando Herrero, critica tamén que mentres se deixan de celebrar os plenos o goberno local “non ten problema en multiplicar as comisións de goberno onde a oposición está vetada para que os seus concelleiros sigan facendo caixa”.