60 músicos e 22 cantores todos eles dirixidos baixo a batuta de Fránper Rodriguez subiranse ao escenario este xoves no convento de Vilavella para lles ofrecer aos asistentes un repertorio no qu se inclúen obras dos compositores galegos Rogelio Groba e Toni Cantal entre outros. A cita, organizada por Normalización Lingüística, o día 16 ás 21:00 horas con entrada libre.
A orquestra e o coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo celebrarán un concerto no Convento de Vilavella o vindeiro xoves, 16 de maio, ás 21.00 h, dentro da programación cultural das Letras Galegas 2013, promovida pola Concellaría de Cultura e mais o Servizo de Normalización Lingüística. Con este evento preténdese facer unha homenaxe ás nosas letras da man dos músicos e cantores que realizan estudos superiores de música nese centro, e que son o futuro máis inmediato da nosa música e un referente para a divulgación da música galega e universal. No repertorio deste concerto escóllense precisamente dúas composicións de autores galegos de renome, Rogelio Groba e Toni Cantal, interpretadas pola orquestra acompañada de dous pianos. A continuación, o coro participará tamén, xunto coa orquestra, na interpretación de obras de Fauré, Mozart e Shumann. A orquestra está formada por 60 músicos e o coro por 22 cantores, todos eles dirixidos baixo a batuta de Fránper Rodriguez.