Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG rexeita participar no acto institucional que organiza o Concello no Día das Letras galegas

RR_Noticias

Os nacionalistas cualifican o acto, que vai ter lugar o venres ás 17:45 na Alameda de Redondela, de “pantomima folclorista e cínica onde se pretende lavar a imaxe dun goberno local que, na súa práctica diaria, despreza a nosa lingua ata o punto de ignorar a Lei de Normalización Lingüística no momento en que se chega a empregar o castelán para a comunicación escrita que desde a administración local se dirixe aos colectivos do Concello”.

O Bloque critica tamén a decisión do PP de abandonar o convenio de colaboración que
se viña asinando desde hai anos coa Mesa pola Normalización Lingüística algo que ao seu entender “é outra proba máis do pouco interese que o goberno de Javier Bas ten na normalización do noso idioma”
O grupo municipal do BNG anunica que non asistirá ao acto institucional que organiza o concello por consideralo unha “pantomima folclorista e cínica onde se pretende lavar a imaxe dun goberno local que, na súa práctica diaria, despreza a nosa lingua” e convocan aos veciños a participar na manifestación que a Mesa convoca en Compostela o mesmo día 17 ás 12:00 h. da mañá, para o cal propoñen como punto de encontro a esplanada de diante da depuradora de Redondela, ás 10:30, coa finalidade de compartir coche e de facilitar a asistencia a toda aquela persoa que queira asistir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará