A policía local nega ter emitido informe algún sobre a perigosidade de colocar un espello no cruce do Loureiro no Camiño Xacobeo en O Viso. Ese argumento foi o empregado polo concelleiro Jesús Crespo, presidente do Consello Parroquial de O Viso, para desestimar a petición dos veciños, segundo aseguran dende a Agrupación de Electores.
AER, reclama a colocación de dito espello no cruce do Loureiro no Camiño Xacobeo en O Viso, logo de que así se demandase por parte dos veciños no consello parroquial. Unha solicitude que foi rexeitada porque segundo o presidente do Consello, o edil Jesús Crespo “a policía local consideraba que colocar dito espello nesa zona sería perigoso”. Sen embargo, un informe da propia policía asegura que “non hai constancia de dita petición”.
Os representantes de AER esixen explicacións sobre o acontecido que cualifican de “tomadura de pelo aos representantes do Consello Parroquial e aos veciños de o Viso”.