A formación política presentou unha queixa no concello de Redondela esixindo ao goberno local o cumprimento da ordenanza que sobre o uso da lingua galega rexe para o Concello dende a súa aprobación no ano 1998. Denuncian que o Concello está a empregar o castelán na roturación, sinais e carteis publicitarios.
Anova lembra que malia ser pioneiro na súa campaña a prol da normalización da lingua galega coa realización de campañas desenvolvidas en múltiples eidos que favoreceron o seu espallamento e introdución en ámbitos nos que a súa presenza era escasa ou nula, nos últimos tempos esa dinámica no Concello de Redondela tense “esvaecido”.
Denuncian que o PP está a poñer en marcha campañas de ritualización, cando non de eliminación do uso da nosa lingua e, no caso do noso concello, denuncian que se estea a empregar o castelán en carteis publicitarios e sinalización viaria. Poñen como exemplo os rótulos que sinalan as “escaleiras” ou “saídas” dentro da propia Casado Concello ou as sinais de tráfico e carteis publicitarios que foron emitidos directamente desde a institución local ou por outras entidades que gozan dunha subvención do concello para a realización da actividade anunciada.
Salientan dende Anova o importante papel das institucións na promoción do uso do galego, especialmente no caso das institucións locais por seren as máis achegadas á cidadanía e pro este motivo presentaron unha queixa no rexistro do concello esixindo o cumprimento da ordenanza que sobre o uso da lingua galega rexe para o concello desde a súa aprobación no ano 1998.