Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jacobo Montes: “O ascenso do Choco a Terceira é un premio para todos os redondeláns”

RR_Noticias

O adestrador do Choco, que ven de acadar o ascenso a Terceira División, afirma que o éxito desta temporada só foi posible grazas “ao traballo de todos”. Salienta o esforzo non só dos xogadores, senón de todo o corpo técnico e da Xunta Xestora, que fixo posible que o soño do ascenso se fixera realidade. Agora só pensa “en celebralo” con todos os redondeláns, antes de comezar a perfilar a próxima temporada, para a que augura cambios.

O C.D. Choco foi a gran sorpresa da xornada de onte logo de acadar o ascenso a Terceira División despois de 31 anos. Os de Redondela comezaron a xornada na quinta posición, pero o seu triunfo sobre o Marín (0-4) e os tropezos dos seus rivais directos obraron o milagre. O Portonovo, perdeu ante o Arenteiro (4-2), e o Sanxenxo non pasou do empate ante o Valadares (1-1). O Arousa gañou ante o Pontellas (4-0) e empatou a puntos co Choco, pero a diferenza de goles favorecía aos redondeláns. Para o técnico o ascenso do Choco é unha cuestión “de xustiza”, logo de que nas últimas temporadas esta opción se lles escapara das mans na recta final. De feito este logo chega “cando menos o esperaban”, logo dun ano difícil a nivel deportivo e institucional, con moitas baixas no equipo e unha situación económica complicada. Para Montes este premio “é de todos” e salienta o gran esforzo do equipo que compón a Xunta Xestora, que foi quen de sacar o club adiante “cando estaba desfeito”. De cara á próxima temporada, Montes entende que “haberá cambios”, pero advirte que o club non pode “perder os papeis” por estar en Terceira. Para o adestrador é importante “ter os pés na terra” e non hipotecar o futuro do Choco con fichaxes “que non se poidan asumir”.  

Jacobo Montes adestrador
O ascenso a Terceira fai xustiza co Choco logo de 31 anos.
O traballo da directiva
Montes salienta o esforzo da Xunta Xestora nunha temporada difícil na que se conseguiron moitos oxectivos.
Próxima temporada
Montes fala de cambios para a próxima temporada en Terceira pero sen hipotecar o futuro do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará