Solicitan a convocatoria urxente do Consello parroquial para aclarar se existe ou non un informe policial que desaconselle a colocación dun espello no cruce do Loureiro no Camiño Xacobeo co obxectivo de mellorar a seguridade vial. Reclaman ao presidente do Consello que amose dito documento e no caso de que non exista que presente a súa dimisión de xeito inmediato.
O representante do BNG no Consello parroquial de o Viso, Anxo Lusquiños lembra que o presidente deste órgano consultivo rexeitou a petición dos veciños argumentando que “existía un informe da policía local que desaconsellaba a instalación deste obxecto”. Con todo, logo de que se fixera público que dito informe podería non existir, os nacionalistas reclaman a convocatoria dun consello parroquial urxente “onde se aclaren as dúbidas, de maneira que o Presidente do mesmo poida amosar aos membros o informe da policía”.
Anuncian que no caso de que efectivamente non exista tal documento, solicitarán a dimisión inmediata do presidente “porque non se pode consentir que o representante do Concello nun órgano que pretende fomentar a participación da cidadanía na vida política minta impunemente