Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A taxa de natalidade dispárase en Soutomaior

RR_Noticias

Este concello convértese no municipio con maior taxa de natalidade de Galicia, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística baseados no Padrón municipal de habitantes do 1 de xaneiro de 2012. Segundo eses datos a taxa de natalidade neste concello foi de 15’9, o que quere dicir que por cada mil habitantes naceron case dezaseis bebés, unha situación extraordinaria se temos en conta que en moitas localidades en todo ese ano non se produciu nin tan só un nacemento.
 

Soutomaior é un concello que ten 7.265 veciños censados e onde no 2011 naceron 115 criaturas, uns datos que chaman a atención se os comparamos coa maior parte dos concello galegos, onde o ritmo de nacementos e moito menor, o que se traduce nun descenso paulatino no número de veciño.
Non é esa a situación de Soutomaior que, pola contra, experimenta dende o ano 2002 un incremento progresivo da súa poboación e ven de converterse no Concello cunha maior taxa de natalidade de toda a comunidade seguido nese ranking polos concello de Barro, Ames, Oroso, Salceda de Caselas, Arteixo e O Porriño.
É a curva demográfica de Soutomaior toda unha excepción na comunidade xa que mentres a poboación neste concello non para de crecer a poboación galega diminúe. Así ao longo do ano 2011 sufriu un descenso dun 0,5 por cento, de modo que se mantén a tendencia iniciada o ano anterior, cando a comunidade perdeu un 0,1 por cento dos seus habitantes. A diminución máis avultada deuse en Ourense, cunha caída do 0,9 por cento, e a menor, na Coruña, dun 0,3 por cento.
Tamén Soutomaior é un dos concellos destacados por ser un dos que menos taxa de defuncións presentada, cun 6’6 por cada mil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará