Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Spiderman detido novamente polo intento de roubo en dúas naves

RR_Noticias

O home, coñecido por este alcume en Redondela por acceder aos inmobles que asalta gabeando pola fachada, fora detido en marzo pasado polo roubo no Convento de Vilavella. Neste caso impútaselle dous delitos de roubo con forza en dúas empresas redondelás e outro de furto nun supermercado da localidade.

Os feitos aconteceron o pasado 13 de maio nas instalacións provisionais da Estación do Tren de Redondela cando un empregado escoitou ruídos que proviñan do almacén, ao achegarse ao alugar atopouse con este veciño de 40 anos, tentando saír da nave cunha caixa da empresa. Cando o empregado lle colleu a caixa aproveitou para escapar. Previamente, Spiderman, roubara unha caixa de seguridade con cartos en efectivo doutra empresa próxima, logo de entrar pola fiestra. O home foi detido na xornada de onte e tamén se lle imputa un furto nun supermercado de Redondela e non se desbota a súa imputación por outros feitos similares que arestora están sendo investigados e cuxo valor podería ascender a 2,000 euros. O detido, que conta con 35 antecedentes policiais por delitos semellantes, xa pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará