Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova demándalle á Xunta que se persone como acusación contra a dirección de Pescanova

RR_Noticias

Solicitan que tanto o goberno galego como o local expliquen os fondos públicos recibidos por esta empresa e que presenten acusación contra o “Consello de Dirección que xestionou a empresa nos últimos anos de seren necesario” e que se garanta a continuidade dos postos de traballo.

A formación política lembra que Pescanova foi un dos grupos “que máis tratos tivo co PP e que máis cartos públicos recibiu a fondo perdido” e que ante a situación que está a atravesar a súa dirección “investigada actualmente por presuntos e diferentes delitos na súa xestión” tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Redondela deberían explicar oficialmente “os investimentos públicos nesta empresa” e “presentar acusación contra o Consello de Dirección” que xestionou a empresa nos últimos anos de seren necesario.
Anova amosa tamén a súa preocupación pola situación dos traballadores e o futuro dos seus postos de traballo e esixen que se garanta a súa continuidade e que non se pretenda sacar cartos adoptando medidas tales como a redución de persoal ou a baixa dos seus salarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará