Os parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda, Xoán Fajardo e Chelo Martínez realizarán unha visita ao barrio da Portela para coñecer de primeira man a preocupación das familias da zona pola instalación dun transformador eléctrico. A continuación asistirá ao acto dos escritores Manuel Darriba e Daniel Salgado quen presentan na Casa da Cultura ás 20:30 horas o libro “AGE, A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas”.
Os parlamentarios de AGE desprazaranse ás 19:00 horas á zona da Portela na que está instalado un transformador eléctrico e que ten levantado unha importante contestación veciñal pola preocupación dos residentes polos posibles prexuizos que a súa posta en marcha causaría á súa saúde.
Na zona viven unhas corenta familias que reclaman a retirada do transformador por entender que existen outros espazos máis axeitados para colocalo lonxe das vivendas e do parque infantil existente no lugar.
Presentación literaria
A formación organiza tamén ás 20:30 horas na Casa da Cultura a presentación do libro “AGE, A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas”, terceiro libro da colección Xornalistas e no que se fai un repaso ao proceso de conformación de AGE, a súa irrupción no Parlamento Galego como terceira forza con 9 deputados así como o retorno de Xosé Manuel Beiras no que el mesmo considera como o seu epílogo político.
O acto correrá a cargo dos escritores Manuel Darriba e Daniel Salgado e estará presentado por Raquel Carballo.